Xornada de convivencia do Santiago Futsal cos alumnos do Ciclo Medio de Técnico de Fútbol sala do IES As Lagoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Xornada de convivencia

Xornada de convivencia

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio de Técnico de Fútbol sala do IES As Lagoas de Ourense, estiveron onte nas instalacións do Multiusos Fontes do Sar para presenciar o traballo realizado polo Santiago Futsal nunha xornada de adestramentos.

Pola mañá, presenciaron unha sesión de Forza Velocidade, de Velocidade Desprazamento e unha sesión específica de porteiros, na que coñeceron a metodoloxía de traballo do club. Ao finalizar, tiveron unha breve charla cos membros do corpo técnico, que resolveron as súas dúbidas sobre o traballado na sesión matutina.

Pola súa banda, Mon Barreiro, coordinador das categorías inferiores do club, explicou aos asistentes a organización do club desde os equipos de base até o primeiro equipo. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do Multiusos Fontes do Sar, onde se atopa a pista de xogo e adestramento, o ximnasio e as oficinas do club.

Pola tarde, presenciaron unha sesión técnico-táctica e ao finalizar tiveron unha nova charla cos membros do corpo técnico, para resolver as dúbidas xeradas na mesma.

Desde o Santiago Futsal, agradecemos a visita dos alumnos e alumnas do centro, esperando que gocen desta xornada de convivencia cos membros do club e que sexa frutífera para a súa formación académica.

20 de febreiro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.