XIII Trofeo Berberecho Optimist en Portosin
O RCN Portosín e a Federación Galega de Vela, de acordo co Calendario da Secretaría Rexional da Clase, organizan a presente regata para a clase Optimist, que se celebrará na Ría de Muros-Noia os días 1, 2 e 3 de Marzo de 2014, coa categoría de CAMPIONATO GALEGO ademais de ser puntuable para o ranking autonómico e será patrocinada por GADIS, PIRES DE LIMA e SILVAON.
Están previstas un total de nove probas a razón de tres por día, cada proba durará un total de 45 minutos e a flota dividirase en dous grupos Ouro e Prata segundo o ranking territorial sendo os 60 primeiros os participantes no ouro e o resto os participantes na prata.
Os clubs participantes son do RC.NVigo, o RCN Coruña, o RCN Sanxenxo, RCN Rodeira, RCN Sanxenxo, RCM Aguete, MRCY Baiona,CN Castrelo de Miño, CM Canido, CM Carrueiro, CM Oza, G Bazán Ferrol, LC Vilagarcia, Ro Yachts Club e o anfitrión RCN Portosín para facer un total de 123 regatistas e 17 adestradores.
Este evento é sen dúbida o evento máis importante do ano para a flota galega e non sería posible sen todos os nosos Patrocinadores GADIS, PIRES DE LIMA, SILVAON e os colaboradores BONILLA, NORTH SAIL, FEIRACO, COCA-COLA e CONCELLO DE PORTO DO SON,
Grazas a eles o CAMPIÓN GALEGO levará un VEA PIRES DE LIMA e sortearanse 15 vales desconto en NORTH SAILS cun valor total de 1.500€ e por suposto poderase mellorar a atención ao regatista, a seguridade no mar e manter a calidade dunha proba tan esixente e tan numerosa en participación.











