“Xantar” estrea a súa condición como única feira internacional turístico gastronómica de España

Presentación do salón Xantar
O Salón de Gastronomía e Turismo, Xantar 2014, se celebrará en Expourense a partir deste mércores, día 5 ata o domingo que vén, estreando o selo de “feira comercial internacional” outorgado polo Goberno central, que a converte no único certame celebrado en España dedicado conxuntamente ao turismo e a gastronomía.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na rolda de prensa de presentación desta nova edición de Xantar, e xa van quince, e destacou que “eventos como esta feira, cita ineludible para o sector, é un perfecto exemplo de colaboración interadministrativa e intersectorial, algo que redunda en el beneficio de todos”. Segundo Martínez, o selo de internacionalidade consolida a Xantar como”plataforma de promoción de España e Galicia a través dun dos seus maiores atractivos, a gastronomía, que supón ademais un dos apartados de maior desembolso económico para o turista”.
Rogelio Martínez subliñou o apoio de distintos departamentos autonómicos a este evento internacional turístico-gastronómico “xa que se trata dun salón multidisciplinar que, ademais, da compoñente turística, defende a calidade dos nosos profesionais hostaleiros contribuíndo á formación dos mesmos, promociona os beneficios para a saúde da Dieta Atlántica e mostra as posibilidades culinarias e nutricionais dos nosos produtos agrarios e do mar. O máximo representante do Executivo galego en Ourense asegurou que “Xantar, ao longo dos seus quince anos de traxectoria, contribuíu, sen dúbida, ao posicionamento de Galicia como destino gastronómico de calidade”. ”
Nesta ocasión, Cuba será o país convidado.TurismodeCuba estará presente en tódalas accións previstas en Xantar, promocionando a súa gastronomía, turismo e artesanía.
Xantar 2014 contribuirá á posta en valor dos produtos agrogandeiros e pesqueiros de calidade das distintas Denominacións de Orixe de Galicia e Indicacións Xeográficas Protexidas e das rexións convidadas, acollendo ademais a presentación de Destinos Enogastroturísticos Atractivos ante un público obxectivo procedente de toda España, e dun xeito particular da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal que integra a 7 millóns de habitantes.
Na 15ª edición de Xantar participan un total de 18 restaurantes procedentes de Galicia,de comunidades autónomas convidadas (Asturias e Castela e León) e varias rexións turísticas de Portugal, ademais de Cuba. En total ofrecerán máis de 30 menús, entre12 e 30 euros, baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade.











