Xantar congrega a máis de corenta confrarías gastronómicas de España, Portugal e Francia

Confrarías gastronómicas
A segunda xornada de Xantar 2014 estivo protagonizada polo Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que celebrou a súa décima edición e que congregou a máis de corenta colectivos integrados por expertos e prescriptores de opinión de toda España, Portugal, Francia e Ecuador. Hoxe tamén foi o día adicado ó Medio Rural e Mar, a Turismo Porto e Norte e a Oviedo e contou coa visita da conselleira Rosa Quintana quen aproveitou para felicitar a Xantar por ter acadado a internacionalidade e por medrar e mellorar os seus resultados ano tras anos. Durante a súa intervención tamén fixo referencia ao desenvolvemento turístico e gastronómico de Galicia indicando que “o aproveitamento dos nosos excepcionais produtos, así como a súa exportación cada vez maior co respaldo dos selos de calidade é un dos grandes éxitos da nosa Comunidade”. Nesta liña, a conselleira definiu a Galicia como “paraíso gastronómico e turístico”.
Este encontro foi o marco elixido para a posta de longo de novas confrarías como foi o caso da Confraría da faguia do Carnés de Vimianzo ou a do Desarme de Oviedo. Este encontro comezou pola mañá no Concello de Ourense onde foron recibidos polo alcalde da cidade.
Dentro do programa de actividades que tiveron lugar hoxe destaca o obradoirosobre gastronomía do Enrtoido impartido por Antonio Botana do Grupo Nove, ou os distintos showcookings organizados por Turismo Porto e Norte, sen esquecer o encontro de bloggers gastronómicos no que participan unha ducia de blogueiros de Galicia, Asturias e Castela e León.
Pola súa parte, a delegación integrada por representantes institucionais e empresarios da hostalería das Illas Azores celebraron un encontro con axentes de viaxes e prensa especializada para presentarse como un destino próximo, completo e sostible.
Premios Platos de Oro
Moitas son as actividades que aínda quedan hoxe por celebrar como a entrega dos premios “Platos de Oro” de Radio Turismo a restaurantes e casas de Turismo rural das provincias de Ourense e, por primeira vez, de Asturias.
Os premiados son:
Restaurantes:
– Novarestaurante (Ourense)
– A Lonxa (Burela – Lugo)
– El Bodegón de Teatinos (Oviedo)
– El Pirata (O Grove – Pontevedra)
– El Campanu (Ribadesella – Asturias)
Casas Rurais:
– Anatur Hotel Rústico (Cervo – Lugo)
– Casa Casarellos (Piñor de Cea – Ourense)
Premio especial:
– Concello de O Carballiño, promotor da Festa do Pulpo.
Tamén serán entregadas as Medallas de Ouro a distintas personalidades que teñen traballado na defensa da calidade da gastronomia e a hostalaría Españolas e na promoción do turismo.
As actividades de hoxe incluén ademais unha exhibición de coctelería de vanguarda, o campeonato da liga provincial de Mus e o networking de Xoves Empresarios de Ourense. Tamén terá lugar unha homenaxe organizada pola federación de Comercio de Ourense ó presidente da Asociación de Xoieiros, Francisco Blanco.











