Xa está colocada a lona que simula a nova fachada do Vello Cárcere de Lugo mentres duren as obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Lona que simula a fachada do Vello Cárecere

Lona que simula a fachada do Vello Cárecere

As obras da segunda fase de rehabilitación do Vello Cárcere afectan á fachada principal do edificio polo que o Concello de Lugo decidiu instalar unha lona que simula a imaxe da fachada unha vez rematen as obras e que xa se pode ver dende hoxe.

Desta maneira, a nova instalación, cubrirá a zona mentres duren as obras de rehabilitación da parte dianteira do Vello Cárcere, co que se consegue unha imaxe máis armoniosa nunha zona tan próxima á Muralla Romana.

24 de febreiro de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.