Volta á Liga do Azkar Lugo con visita á cancha do Magna Navarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Tras gozar de dous días de descanso, hoxe o Azkar Lugo FS retomou as sesións de adestramento. A liga renóvase este fin de semana trala disputa do Europeo de seleccións no que Italia foi a campioa e España acabou como terceira clasificada. Os lucenses comezan así a preparar o choque da 21ª xornada de liga en 1ª división que lles medirá este sábado (18:30 horas – Pavillón Anaitasuna) co Magna Navarra.

No regreso aos adestramentos, os lucenses seguen pendentes de Mendiola que cun golpe nun dedo é dúbida para o choque. Ademais haberá que ver o estado de Rubén Mouriz e de Diego Núñez que se reincorporarán ao traballo co resto do grupo de forma progresiva.

Horarios de adestramentos:

Luns 10:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Martes 11:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Mércores 12:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Xoves 13:
Descanso.

Venres 14:
10:40 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
14:15 horas: saída cara a Pamplona (Centro Deportivo Terra).

Sábado 15:
18:30 horas: 21 ª xornada de liga: Magna Navarra – Azkar Lugo (Pavillón Anaitasuna).

Domingo 16:
Descanso.

10 de febreiro de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.