Vilarromariz acollerá a 47 edición das Noites de Tasca, cos grupos Néboas no Cumio e Pana Raiada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOroso
A-
A+

O Café-Bar Fernández, na parroquia de Vilarromariz (Oroso), acollerá mañá venres 7 de febreiro a 47 edición das Noites de Tasca, un evento organizado pola Asociación Grupo de Gaitas “Os Viqueiras” de Ordes e que conta coa colaboración do Concello de Oroso e da asociación cultural “Néboas no cumio” (Sigüeiro). A participación  é totalmente libre e de balde.

A festa comezará ás 21:30 horas e contará coas actuacións do grupo folk “Pana Raiada” (Santiago) e da agrupación folclórica “Néboas no cumio” (Oroso). A asociación cultural “Néboas no Cumio” naceu en 2007 como iniciativa dun grupo de amigos amantes da música tradicional galega e conta agora cun gran número de socios e un repertorio variado que inclúe muiñeiras, jotas, alboradas, alalás, etc. As “Noites de tasca” rematarán cunha gran Foliada á que están convidados todos os asistentes e que contarán coa presenza dalgún grupo folclórico máis da comarca.

6 de febreiro de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.