Venda de produtos promocionais do Entroido de Verín
Por sétimo ano consecutivo, a Comisión de Festas do Entroido 2014 decidiu promocionar a súa ancestral celebración a través da apertura dun establecemento, situado na rúa Lisa de Verín, na que se venderán produtos promocionais desta festa, declarada de Interese Turístico Nacional no ano 2009.
Entre os produtos que se poderán adquirir no seu interior, a partir de mañá mércores, atópanse suadoiros (16 euros), camisetas (8 €), pins ( 3,50 euros), bufandas polares (3,50 €), pañoletas (1 euro) ou chapas (1 €), entre outros.
O establecemento estará aberto ata o Martes de Entroido, de luns a domingo, de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. E no interior da mesma, inclúese unha pequena exposición de fotos antigas do Entroido de Verín.











