Vasilis Xanthopoulos: “Xogar aquí faime mellor xogador cada día”
Afrontando a súa primeira tempada no Rio Natura Monbus, Vasilis Xanthopoulos demostra cada día que pasa a capacidade que ten para adaptarse a esta Liga e ao xogo do equipo. O xogador grego ha asegurado que este domingo ante a Bruixa d´Or no Nou Congost mediranse “a un equipo moi bo pero si xogamos como o fixemos nos últimos partidos seguro que podemos conseguir un resultado positivo”.
O equipo reaccionou con tres vitorias consecutivas e agora sumais sete en total. Como afrontais esta segunda volta do campionato?
Aínda temos 16 partidos máis. Para nós cada partido é diferente. A verdade é que nestes momentos estamos centrados unicamente no próximo partido fóra de casa ante a Bruixa d´Or.
Quizais tanto ti como Rafa esteis no voso mellor momento desde que comezou a tempada?
Sinceramente Rafa é un xogador moi bo. Traballamos moito nos adestramentos e por iso xogamos moi ben os últimos partidos. Hai unha semana Iñaki tamén volveu tras recuperarse da súa lesión e para nós é unha gran axuda.
A Bruixa d´Or ser un rival directo que foi capaz de gañarvos en casa. Pesa o resultado?
Si, é certo que contra eles na primeira volta non xogamos ben. É un equipo moi bo e estou seguro que será un partido moi difícil. Pero tambien é verdade que si xogamos como o fixemos nos últimos partidos, seguro que podemos conseguir un resultado positivo.
Ves distinto o baloncesto que se practica en España co de Grecia?
É moi diferente o baloncesto aquí. É moito máis rápido. Creo que a liga Endesa é a mellor de Europa sen lugar a dúbida.
Que xogadores che impresionaron máis da liga Endesa?
Gústame moito Sergio Rodríguez. Creo que nestes momentos é a mellor base de Europa.
Crees que a afección do Rio Natura Monbus é comparable coa afección dos equipos gregos?
Si o Rio Natura Monbus estivese na liga Grega estaría como o terceiro mellor equipo porque ten moi bos xogadores e moi boa organización. Xogar aquí é moi dificil, pero iso faime mellor xogador día a día.











