V Curso de Adestramento Mental no Deporte

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

Gustaríache optimizar o teu rendemento? A Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo, en colaboración coa Federación Galega de Petanca, lanza esta 5ª edición deste curso en Galicia, tras a gran participación nas primeiras edicións en Galicia e en Cataluña.

Dirixido a profesionais do deporte: adestradores, fisioterapeutas, masaxistas, psicólogos, directivos, árbitros… e tamén para deportistas e estudantes, o curso ten como obxectivo o mellorar as habilidades e aptitudes de todos aqueles que queiran avanzar e optimizar o seu labor no mundo do deporte.

Desenvolverase en VIGO, na Casa do Deporte, os días 12 e 19 de Marzo, de 10h a 14h e de 16h a 20h.

Contidos:
Módulo 1: Comunicación no deporte
Módulo 2: Ferramentas psicolóxicas básicas
Módulo 3: Liderado Deportivo
Módulo 4: Introdución ao Coaching Deportivo

Cotas:
1 Módulo 35€
2 Módulos 70€
3 Módulos 95€
Todos os módulos + Diploma certificado de asistencia 125€

*Podes elixir o/o módulo que máis se axusten ás túas necesidades.
*O número de prazas é limitado

NOTA: Froito do convenio entre a Federación Galega de Baloncesto FGB e a Unidade de Psicologia e Coaching Deportivo UPCD-Libredon, poderanse convalidar horas de formación para os adestradores da FGB.

11 de febreiro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.