Uns 400 estudantes participan en Pontevedra nos obradoiros para chegar ao portugués a través do galego
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra retoma os obradoiros OPS!, este venres no Colexio Salvador Moreno, para dinamizar o uso do galego entre a mocidade. O martes 18 serán alumnos e alumnas do IES de Poio e do CEP Marcos do Portela os que participen nesta actividade.
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra ofreceu aos centros educativos, a principios deste curso, a posibilidade de realizar os obradoiros OPS! O galego a nosa vantaxe. Os obxectivos fundamentais desta actividade son poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, e mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil.
Preto de 200 estudantes de terceiro ciclo de primaria, ESO e bacharelato xa participaron nestes obradoiros; aprendendo, ao longo de dúas horas lectivas, que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, sabendo falar galego teñen unha clara vantaxe competitiva.
Os obradoiros realizaranse desta vez nos seguintes centros de ensino:
Xoves 13 de febreiro
• Colexio Salvador Moreno
– 43 (1º ciclo ESO) de 10.30 a 12.15 h
– 27 (2º ciclo ESO) de 12.40 a 14.15 h
Martes 18 de febreiro
• IES de Poio
– 45 (2º e 3º ESO)de 9.50 a 11.30 h
• CEP Marcos da Portela
– 51 (6º prim) de12.15 a 14 h











