Uns 300 expedientes de disciplina deixan patente a concienciación do Concello de Mos coa legalidade urbanística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concelleira mosense de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, fixo hoxe balance dos expedientes de Disciplina Urbanística xestionados durante os dous últimos anos. Datos que demostran que o de Urbanismo está a ser un departamento activo, eficaz e eficiente no seu quefacer diario, tendo en conta que sobre el recae tamén a máis importante carga de traballo do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que nestes intres se atopa nun momento crucial previo á súa aprobación provisional, entre outros moitos labores que se desenvolven dende esta concellería.

En total, entre os dous anos, e tendo en conta os de disciplina tanto urbanísticos como medioambientais, o Concello de Mos xestionou 279 expedientes, 134 no 2012 e 145 no 2013; no ano 2013 foron 11 expedientes máis que no exercicio anterior. Entre os case 300 expedientes xestionados en dous anos había 96 de carácter urbanístico e 183 de carácter medioambiental.

Esta elevada actividade nun dos departamentos con maior peso e importancia da administración local mosense é posible, segundo declaran dende o Concello “gracias a un equipo coordinado, integrado por representantes políticos, técnicos especializados dos departamentos de Urbanismo e Medio Ambiente e a Policía Local”. “Unha maquinaria cunha perfecta engranaxe que ten a clave para o éxito do seu labor na combinación de esforzo, traballo, adicación e seguemento exhaustivo dos expedientes iniciados”, explican a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a edil de Urbanismo.

Con un traballo coordinado e prolífico coma este, dende o departamento mosense de Urbanismo estase a lograr, entre outros avances e melloras, evitar e reducir o fenómeno do feísmo no Concello de Mos. Ademais, ás incoacións de expedientes de disciplina, sumarase en pouco tempo a existencia dun PXOM mosense, co que se conseguirá poñer a Mos nas mellores condicións urbanísticas posibles.

Disciplina Urbanística

O Concello de Mos é unha administración concienciada co cumprimento da legalidade urbanística, tal e como veñen a demostrar os preto de 300 expedientes xestionados nos últimos dous anos. Expedientes que poñen de manifesto tamén que o Concello traballa e actúa neste sentido.

Entre todos estes expedientes atopouse, segundo declarou a responsable do departamento municipal de Urbanismo, algunha demolición que foi executada polo sancionado. Explicaba Julia Loureiro que o procedemento a seguir nestes casos consiste en que, no Acordo de Resolución, o Concello requírelle ó sancionado que presente proxecto de demolición, documentación que, se non é presentada, é cando a administración local actúa.

A concelleira informa de que todos estes procedementos lévanse a cabo seguindo e cumprindo os prazos que marca o proceso legal establecido. “No caso dos expedientes resoltos”, explica, “están case todos pendentes de resolución do Xuzgado e dende o Concello non podemos actuar mentres a xustiza non se pronuncie sobre os Acordos municipais de Incoación”.

21 de febreiro de 2014 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.