Unha quincena de veciños de Frades comezaron un curso de cociña en Ponte Carreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Primeira xornada do curso de cociña

Primeira xornada do curso de cociña

Unha quincena de veciños e veciñas de Frades comezaron o pasado venres un curso de cociña que terá lugar todos venres de febreiro e marzo no local social de Ponte Carreira, en horario de 16:30 a 19:30 horas. Durante esas 24 horas lectivas, os alumnos e alumnas aprenderán tanto conceptos teóricos (nocións básicas de manipulación de alimentos, de dietética e de nutrición) como principios básicos de cociña e de repostería.

Así, os veciños e veciñas de Frades aprenderán a elaborar pratos carnes e aves, con pescados e mariscos, e con verduras e hortalizas; ao tempo que se introducirán na elaboración de doces tradicionais ou que aprenderán nocións básicas de conxelación e de produción de conservas.

11 de febreiro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.