Un voo con destino a Vigo ten que regresar a Madrid debido ao forte vento

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
E.P.

O forte vento e a intensa choiva que se rexistra este venres en Galicia motivou que un voo da compañía Air Nostrum, procedente de Madrid e con destino a Vigo, teña que regresar á capital madrileña.

Diso informaron fontes de Aena, que explicaron que esta incidencia se suma ás rexistradas á primeira hora da mañá no aeroporto de Lavacolla. A terminal de Alvedro, na Coruña, é a única na que, polo momento, non se rexistraron incidencias.

En concreto, nas primeiras horas deste venres foi cancelado o voo de Air Nostrum Bilbao-Santiago das 8,30 horas, indicaron as mesmas fontes.

Pola súa banda, o Ryanair Madrid-Santiago das 7,30 e o Barcelona-Santiago das 8,10 horas foron desviados ao aeroporto do Porto ao non poder aterrar en Lavacolla. Tamén foi desviado a Asturias o voo da compañía Vueling das 8,30 horas procedente de Barcelona e o Ryanair Valencia-Santiago das 8,40 horas ao Porto.

Este venres Galicia está en alerta debido a unha borrasca moi profunda que deixará ventos fortes en toda a comunidade con refachos superiores aos 100 quilómetros por hora nas horas centrais do día.

14 de febreiro de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.