Un veciño de Soutomaior é detido por un delito de furto de ferramentas nunha obra do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaiorSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a JL.B.M., de 41 anos de idade e veciño de Soutomarior,  como suposto autor de  delito de furto de ferramentas nunha casa en construción da localidade de Arcade do citado municipio.

Días atrás, grazas á colaboración cidadá, a Garda Civil do Posto de Soutomaior incáutase dunhas ferramentas, supostamente, cuxo orixe se descoñecía nun prinicipio.

Investigacións realizadas polos compoñentes do referido Posto da Garda Civil permitiron pescudar a procedencia de devanditas ferramentas que foron identificadas plenamente polo seu propietario ao que se fai entrega das mesmas.

Continuando coas investigacións, o pasado día 13 do actual, a Garda Civil de Soutomaior procede á detención do suposto autor deste feito delituoso.

O detido, que conta con antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número UNO dos de Redondenla, cando para iso sexa requirido.

15 de febreiro de 2014 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.