Un total de 115 coruñeses accederán aos bonotaxis para os seus desprazamentos
O Concello da Coruña, a través da área de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa de que un total de 115 persoas accederon, en 2014, aos bonotaxis que a oficina de Atención á Dependencia concede a aquelas persoas con discapacidade recoñecida ou dependentes que, debido aos seus problemas de mobilidade, non poidan utilizar transportes públicos colectivos.
O Concello da Coruña dedica este ano un total de 95.000 euros a esta liña de axudas, o que supón un 3,74% máis que ao principio do mandato. Presentáronse un total de 145 solicitudes das que 30 foron denegadas, ben por superar os ingresos recolleitos nos requisitos, ben por presentar a súa solicitude fóra de prazo ou por non presentar toda a documentación requirida.
Deste xeito, un total de 100 beneficiarios recibirán 866 euros anuais co obxectivo de colaborar nos gastos derivados de desprazamentos en taxi, mentres que 15 beneficiarios do 065 da Xunta recibirán 433 euros ao ano.
Con esta iniciativa, o Goberno local ratifica a súa aposta pola accesibilidade e mobilidade, ademais do seu compromiso con facer da Coruña unha cidade máis inclusiva.











