Un restaurante do Carballiño entrega agasallos dun concurso de cartas de amor
Un restaurante do Carballiño convocou un concurso de cartas de amor, para celebrar San Valentín, e para animar un pouco o que se salga de cea claro. O restaurante é a Parrillada San Andrés, e os gañadores do concurso foron Abel Gonzalez Barreiro, e en segundo lugar Soraya Fernández Carramal. O primeiro premio é unha cea romántica para dúas e un libro de poesía cedido pola libraría Escolma do Carballiño. O segundo premio unha botella de Cava.











