Un proxecto de humanización permitirá mellorar a accesibilidade e dinamismo da Praza dos Suaves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá foi aprobado, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, o proxecto de humanización da Praza dos Suaves, cun orzamento de execución por contrata de 154.647,61 euros. Segundo o Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS, o proxecto está dirixido á consecución dun medio urbano acorde cos usos de representación sociais, culturais e de esparexemento que lle son propios a este nodo da historia da cidade.

O proxecto execútase dentro das actuuacións de reurbanización da Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico, fase 12. Inclúe as actuacións arqueolóxicas necesarias, redactadas polo departamento de arqueoloxía do propio Concello.

Obxecto de intervención

O obxecto da intervención será recuperar para a cidadanía un espazo ata o momento adicado principalmente ao servizo do tráfico rodado, cunha beirarrúa aillada na súa fachada norte, dous viais flanqueados por parterres e unha certa confusión nos percorridos peonís útiles.

Proponse unha solución aterrazada, con pequenas inclinacións nos parámetros verticais que trata de recuperar, para usos humanos, un ámbito relegado prácticamente aos vehículos, e que incorporaba foráneas especiais vexetais pouco habituais no entorno histórico que nos ocupa. A súa composición xeral trata de resolver as diferentes entradas, tanto desde a escaleira -conservada tanto pola solución acertada que representa como por ocos que en base a esta se abren no edificio adxacente- como desde as diferentes cotas da vía, tratando que sexa un lugar totalmente accesible e dinámico durante o seu uso.

Segundo recolle a memoria descriptiva do proxecto, “os parámetros murarios de contención se xiran e inclinan, buscando, sen perder a súa solidez, unha certa dinámica formal e riqueza plástica, diálogo pretendido cos volumes que frente a estas mostran os parámetros catedralicios, empregando neste caso unha linguaxe contemporánea, tanto desde a súa composición formal como desde as súas solucións construtivas. Búscase, con estos levantamentos, minimizar o tono monótono que en tres plataformas escalonadas aportarían as barandas”.

Se ben o viario do casco histórico ten limitado o seu acceso rodado na actualidade, desde o punto de vista do dimensionado da sección de vía resultante se garante unha apropiada accesibilidade para vehículos de emerxencias ou puntuais situacións de cruce entre vehículos.

Características actuais da praza

O proxecto de humanización desta praza atende, segundo o servizo de rehabilitación e PERI, a dúas razóns: a súa configuración actual como espacio urbano, de mirador cara a fachada este da catedral de Ourense e vestíbulo de entrada ao Casco Vello, que presenta un deseño obsoleto; e a súa situación nodal como intersección e punto de entrada ao casco histórico desde a parte sureste de Ourense, rodeado no seu límite superior pola intersección das rúas San Pedro, Pena Corneira e acceso á Praza do Correxidor, cuxo deseño responde a criterios sensibles a ámbitos peatonais e patrimoniais nalgún caso recentemente renovadas.

Sobre o trazado actual da praza obsérvase unha considerable diferencia de pendentes a ambos lados da xardinera central, sendo moi acusada a situada na metade sur da isleta, mentras na metade norte se suaviza notablemente. Así, a maior parte dos recorridos peatonais se desenvolven sobre a primeira, sendo mínima a utilización da metade sur, debido á súa forte inclinación no seu enlace coa rúa Unión. Unha escaleira adxacente ao edificio ven paliar en parte este percorrido, sendo a vía habitual de subida entre a Praza do Trigo e a intersección das rúas San Pedro e Pena Corneira.

13 de febreiro de 2014 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.