Un poste de luz e unha árbore de grandes dimensións caen sobre un vehículo en Cambre

Poste do tendido eléctrico sobre o vehículo
Á primeira hora da mañá o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil e a Brigada de Obras desprazáronse até a parroquia de Andeiro onde caeran varias árbores de grandes dimensións obstaculizando o tráfico rodado. Cando comezaron os labores de limpeza do viario a un dos vehículos que se atopaba parado pola situación da estrada caéuselle unha árbore sobre o motor, na parte de dianteira, e un poste da luz sobre a parte traseira do coche. A pesar da espectacularidade do suceso o condutor non sufriu ningunha ferida e puido saír do seu vehículo. Ao parecer, o forte vento derrubou varias árbores que arrastraron o cableado eléctrico e á súa vez dous postes de luz de formigón. Así mesmo, un autobús escolar que se achaba tras o vehículo ministrado tivo que esperar durante máis de dúas horas a que se abrise a calzada á circulación posto que polas súas dimensións non podía dar marcha atrás. Os operarios procederon a cortar as árbores e a retiralos coordinados cunha brigada da empresa eléctrica que se encargou dos postes de luz derrubados polo temporal. O condutor do automóbil saíu ileso do accidente e puido proseguir o seu traxecto tras ser retirado o poste e a árbore que danaron ostensiblemente o seu vehículo. A retirada das árbores durou até as 12.30 horas cando se liberou a viaria e o autobús puido proseguir a súa marcha. Moitos pais optaron por recoller aos seus nenos na zona na que esperaba o autocar.











