Un pontevedrés doa ao Concello de Marín varios cadernos para inculcar a pesca aos máis cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+
Juan A. Villar García, a directora da Biblioteca Municipal e  Mª José Poceiro Collazo

Juan A. Villar García, a directora da Biblioteca Municipal e Mª José Poceiro Collazo

O Concello de Marín recibiu unha doazón de Juan A. Villar García, un amante da pesca tradicional xubilado, que consiste nuns cadernos realizados  polo mesmo para promocionar a pesca entre os nenos, aos que vai dirixido, tanto polos debuxos como pola linguaxe que Juan utilizou. O motivo polo que este pontevedrés  quere doalos á biblioteca de Marín é que lle chamou a atención a promoción que tanto desde o concello como as distintas asociacións marinenses se fai da pesca cos máis pequenos. Ademais o caderno está dividido en doce meses, e cada mes inclúe unha receita caseira para preparar o peixe do que se fala.

19 de febreiro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.