Un obradoiro de emprego de atención á dependencia formará a vinte alumnos de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBetanzosLocal Portada
A-
A+
Beatriz Mato na visita ao obradoiro de Betanzos

Beatriz Mato na visita ao obradoiro de Betanzos

A Consellería de Traballo e Benestar está e investir 180.000 euros no obradoiro ‘Atención á Dependencia’ que se está a desenvolver na localidade de Betanzos. Neste programa mixto de formación e emprego están a participar un total de 20 persoas en situación de desemprego. Na iniciativa impártense dúas especialidades, que na actualidade superan o 52 por cento de inserción laboral: atención sociosanitaria en domicilio e institucións e axuda a domicilio.

Así o explicou hoxe en Betanzos a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no obradoiro que visitou xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

Mato indicou que a atención á dependencia constitúe “un importante xacemento de emprego’ en Galicia, ao tempo que sinalou as tres principais vantaxes dos obradoiros de emprego: ademais de permitir aos seus participantes acceder a un posto de traballo, ofrecen simultaneamente unha formación teórica e práctica de calidade e o desenvolvemento destes programas leva aparellada a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.

Por iso, a titular de Traballo destacou que o Goberno galego mantén “unha firme aposta” por este tipo de programas aos que se destinaron en 2013 máis de 9,5 millóns de euros. Grazas a este investimento, hai agora mesmo en marcha en Galicia 50 obradoiros de empregos que están a beneficiar a 1.300 galegos e galegas. Na provincia da Coruña, o financiamento da Xunta ascende a 3,3 millóns de euros, o que está a posibilitar nesta provincia que 370 alumnos e alumnas reciban formación a través da posta en marcha de 17 programas.

De cara a 2014, a conselleira destacou que o orzamento para este tipo de actuacións ascenderá a 10,2 millóns de euros cos que se ten previsto levar a cabo 50 novos obradoiros. A principios de xaneiro xa saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de axudas.

7 de febreiro de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.