Un novo vehículo permitirá loitar contra os incendios en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Novo vehículo para a loita contra os incendios

Novo vehículo para a loita contra os incendios

Un novo vehículo integra dende o pasado venres o parque de vehículos de traballo do Concello de Palas de Rei. Neste caso, trátase dun camión lixeiro todoterreo forestal para extinción de incendios forestais que servirá para desenvolver tarefas  de defensa contra incendios forestais para as que está especialmente preparado e para a participación en labores de prevención e defensa contra incendios forestais tanto do Grupo de Emerxencias Supramunicipais, como na temporada especial de risco de incendios ó equipo de loita contra o lume do Concello de Palas.

Este camión lixeiro todoterreo forestal foi adquirido polo Concello de Palas de Rei en virtude da orde do 10 de maio de 2013 (DOG nº 95, de 21 de maio de 2013) da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, pola que se convocan, en rexime de concorrencia competitiva, axudas aos concellos para o apoio á extinción de incendios forestais.

 Trátase dunha autobomba Forestal Media BFM 30, URO VAMTAC CK95 con cabina sencilla.

4 de febreiro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.