Un grupo de persoas ocupan novamente a Sala Yago de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
E.P.
Ocupación da Sala Yago

Ocupación da Sala Yago

Un grupo de persoas ocuparon este mércores de novo a Sala Yago, o antigo e emblemático local de cine situado no centro histórico de Santiago de Compostela, coa reivindicación de que sexa “un espazo cultural liberado”.

A través da xanela, un portavoz deste grupo de persoas trasladou aos medios de comunicación que demandan que a Sala Yago sexa “un cine libre” e “un espazo cultural liberado”.

O mesmo portavoz denunciou que no anterior peche, dous anos atrás, foron “tratados como terroristas”, en alusión á súa expulsión, e avanzou que o espazo acollerá unha programación cultural na próxima xornada.

Así as cousas, para as 14,30 horas está programada un comida e para as 17,00 horas unha asemblea aberta, mentres que ás 18,30 horas convocarase unha mesa redonda sobre a ocupación. Tamén está prevista a proxección do filme ‘Douro, faina fluvial’, de Manoel de Oliveira.

No edificio colgaron varias pancartas nas que reivindican ‘Sala Yago, espazo liberado’. ‘Rehabilitación? Mentira’ e ‘Violencia é non chegar a fin de mes’ son outros das lemas de pancartas no marco dunha protesta para a que deseñaron un manifesto que conclúe cun berro de “fóra políticos das nosas vidas”.

CHAMADA AO CIVISMO

Nun comunicado, o alcalde de Santiago, Anxo Currás, lamenta a ocupación, de novo, dun espazo privado no Centro histórico, pero lembra que neste momento non ten uso cultural a pesar dos numerosos intentos por conseguir recuperar ese espazo “foron infrutuosos”.

“Por este motivo chegouse a un acordo de cesión con Novagalicia Banco do edificio do Preguntoiro”, remarcou o alcalde,  na súa pronta resolución”.

Por último, fixo unha chamada “ao civismo”, sobre todo “tratándose dun espazo do centro histórico dunha cidade Patrimonio da Humanidade”.

12 de febreiro de 2014 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.