Un grupo de estudantes franceses visita Cambados

Visita dos estudantes franceses a Cambados
Un grupo de estudantes franceses, da localidade de Oyonnax, visitaron Cambados. O alcalde recibiu a esta delegación que se achegou en réxime de intercambio co Instituto Ramón Cabanillas. Luis Aragunde explixoulles ós viaxeiros os tres piares fundamentais da economía cambadesa: os sectores do mar, do agro e do turismo, salientando a beleza do conxunto histórico cambadés. Unha vez rematada a recepción no Concello, recibiron un agasallo e visitaron o museo etnográfico e do viño. A excursión prevista pola ría tivo que ser suspendida por mor do temporal desatado esta mañá.











