Un grupo de alumnas e profesoras do IES de Ames asistirán á gala dos Goya e recibirán un premio no Ministerio de Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal Portada
A-
A+

Un grupo de alumnas e membros da comunidade educativa do IES de Ames asistirán este domingo en Madrid á gala dos premios Goya. Ademais, o luns recibirán no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o premio de Historia da Cinematografía e de Alfabetización Audiovisual que lle foi concedido a tres alumnas do centro polo traballo titulado ‘¿De qué hablamos cuando hablamos de amor? La construcción histórica del amor, a propósito de la trilogía Matrix’.

O xurado destes premios destacou que o obxectivo destes galardóns é premiar o uso do cine como instrumento pedagóxico ao empregar as películas como fontes en si mesmas do análise e estudo de conceptos filosóficos. As alumnas premiadas estarán acompañadas pola directora do centro, Marisol Louro, e polas profesoras Eva Garea e Margarita Olivar.

As autoras deste traballo foron Lidia del Río, Rosalía Seijas e Andrea Meléndez, coordinadas pola profesora de filosofía Eva Garea. O Premio da Historia da Cinematografía está destinado a promover o estudo e coñecemento da historia do cine en España nas diferentes etapas educativas. O IES de Ames foi premiado na modalidade de Bacharelato e as alumnas recibirán de mans dun representante do Ministerio o galardón, dotado con 3.000 euros.

7 de febreiro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.