Un fito quilométrico de Avión aparece instalado nunha estrada do Concello da Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaLocal Portada
A-
A+

O Concello de Avión reclama autorización para proceder á retirada e posterior traslado dun fito quilométrico que se atopa no quilómetro 3 da estrada PO-240 con destino á parroquia de Xesta (A Lama) orixinal do seu termo municipal.

A Policía Local de Avión constata documentalmente, mediante informe, que “este fito quilométrico é de características diferentes aos existentes no termo municipal da Lama pero si é igual aos que están colocados na estrada que vai dende Couso ata Acevedo e que discorre polo Concello de Avión”, da que desapareceu un fito fai aproximadamente 12 meses.

A PO-240, situación actual do fito quilométrico, é de titularidade provincial e consultado o Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial de Pontevedra xira visita ao punto indicado, e informa da reciente instalación dun fito quilométrico no punto 3+000, o cal non foi instalado polo persoal de conservación deste servizo e que ademais, a distancia á que se instalou non é a reglamentaria, nin en canto a dimensións, retrorreflectancia e ubicación, “representando oun grave risco para os usuarios do vial”.

En virtude destes feitos, o Concello da Lama formulou unha denuncia ante a Comandancia da Garda Civil en Ponte Caldelas para que adopten as medidas oportunas á vista do manifestado e comecen as investigacións correspondentes a fin de determinar a autoría dos feitos denunciados, para a posterior devolución da pedra ao seu destino orixinal (Concello de Avión).

Para facilitar as investigacións á Garda Civil púxose en coñecemento dos mesmos que existe constancia de que a Asociación Veciñal San Bartolomé de Xesta, a través do seu presidente, dirixiu unha solicitude á Deputación Provincial de Pontevedra a fin da colocación dun fito quilométrico nesa mesma ubicación, que non existía anteriormente.

Asi mesmo, tamén se denunciou ante a Comandancia da Garda Civil en Ponte Caldelas a aparición dun vertido ilegal de escombro e basura no Polígono Industrial de Racelo, nunha zona non habilitada para iso, para que se investigue a súa procedencia. O Concello procederá á súa retirada e posterior traslado a unha planta de reciclaxe.

 

24 de febreiro de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.