Un cento de xóvenes pontevedreses faran o roteiro Castelao esta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Un grupo de 56 alumnos/as de 2º da ESO do IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa) fará mañá xoves, día 20 de febreiro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra, saíndo ás 11.30 horas horas da praza da Ferraría. O venres 21 tócalles a 61 alumnos/as de 4º da ESO do IES Valadares (Vigo), que sairán tamén ás 11.30 horas da mesma praza.

O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

19 de febreiro de 2014 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.