Últimos preparativos para o Entroido de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta tarde os concelleiro de Cultura José Luis Gestido, a concelleira de Seguridade María Luisa Prieto, responsables da Policía Local e Protección Civil e técnicos municipais reuníronse na Casa da Xuventude de Cangas con membros da organización dos Entroidos de O Hío e Aldán para últimar os derradeiros preparativos de cara a celebración destas festas.

Durante os días que dura o entroido reforzarase a seguridade cun operativo especial de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil que traballarán de forma coordinada para tratar reducir riscos e evitar incidentes.  Tamén se reforzará o servizo de limpeza

O luns e o martes haberá cortes de tráficos puntuais na parroquia de O Hío coa finalidade de evitar problemas co paso das comparsas. O sábado día 8 de marzo realizarase un corte de tráfico en Aldán co motivo do Enterro do Mexilón.

Como novidade este ano no carnaval de  o Hío haberá unha nova ruta para que as comparsas se trasladen dende o Igrexario ata Pinténs. Este percorrido realizarase polo coñecido como “Camiño da Camiceira” e non pola estrada coma viña sendo habitual. Esta decisión foi tomada de forma completamente CONSENSUADA tanto polas forzas do orden, o concelleiros de seguridade e cultura e os membros da organización do carnaval do Hío coa finalidade de evitar posibles accidentes ou atropellos.

A concelleira de seguridade quere deixar claro que os controles e medidas de seguridade que se levarán a cabo teñen como finalidade favorecer o bo desenvolvemento do entroido. Destaca que nos últimos anos os incidentes se reduciron e que os que inebitablemente se producen non están orixinados por xente do Hío.

En canto ao carnaval de Aldán, nos vindeiros días técnicos da consellería de Educación visitarán o pavillón de Espiñeira para certificar que este cumpre coas medidas necesarias para acoller o entroido.

26 de febreiro de 2014 | 20:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.