Últimos días para participar no Entroido da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O próximo martes 3 de marzo ás 17,30 celebrarase un ano máis o desfile- concurso de disfraces do Entroido da Guarda.

Todo aquel que queira participar no desfile deberá entregar a súa solicitude ata o próximo xoves 25 de febreiro no Rexistro da Guarda ou nas oficinas de correos, onde deberán sellar a primeira páxina dirixindo o envío ó Departamento de Cultura, Concello da Guarda, Praza do Reló nº1 36780 A GUARDA. Se o envio se fai por Correos deberase enviar a copia da solicitude sellada por Correos coa data por fax: 986 610283 ou por mail: cultura@aguarda.es para asegurarnos que a inscrición entra en prazo.

As categorías nas que se pode participar son as que se citan a continuación, estando previsto catro premios para cada unha delas

– Individual Infantil, nenos ata 12 anos. 1 ó 2 participantes
– Individual xuvenil-adulto, a partir de 13 anos. 1 ó 2 participantes
– Grupos: 3 ou mais persoas, ata un máximo de 9.  – Comparsas: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
– Carrozas: Alomenos  6 persoas representando algún tema enriba dun ou varios móbiles (carro, tractor, motocultor…).

Se desexas máis información non dubides en solictala no Departamento de Cultura do Concello: 986 610000.

PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO 2014

Venres 28. – DESFILE INFANTIL
Saída da Alameda ás 12h.
Percorrido: ALAMEDA-Rúa de Galicia- Rúa Porto Rico- Esquina San Bernardo – Praza da Guía.

Organizan: Centros Escolares da Guarda

Proxección de O APÓSTOLO

20.30H. Centro Cultural.

Non recomendada para menores de 7 anos.

Sábado 1

Cinema Infantil: ROMPE RALPH

17.30H. Centro Cultural.

E ademáis, na Alameda

GRANDES VERBENAS COAS ORQUESTAS:

ARAMIO, domingo 2, ás 18h.

INTERVALO SHOW, luns 3 ás 18h.

QUINTA AVENIDA, martes 4, despois do desfile.

OBRADOIRO DE MAQUILLAJE, domingo 2 ás 18.00h.

MARTES 4

GRAN DESFILE CONCURSO DE ENTROIDO

Saída ás 17.30 da Esquina Famosa Rúa Galicia-Alameda.

19 de febreiro de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.