Últimos días para anotarse en Vilagarcía nos cursos de galego preparatorios para as probas do Celga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello lembra de que o vindeiro luns, 24 de febreiro, remata o prazo de inscrición nos cursos de lingua galega que vén de convocar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2014. Nestes cursos, o alumnado recibirá a preparación necesaria para realizar os exames de cara á obtención dos títulos homologados noas catro niveis CELGA.

As persoas interesadas en asistir aos cursos preparatorios deben dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello, sito na zona de Secretaría Xeral do segundo andar, para realizar a inscrición, en horario de 8 a 14 horas. Tamén alí poderán informarse sobre cuestións como o comezo das clases, o lugar de celebración, o calendario de exames, taxas de matrícula para a realización das probas Celga… Para a inscrición será necesario presentar o DNI.

Os cursos ofertados pola Consellería serven para preparar os niveis do Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 e están dirixidos a adultos.

19 de febreiro de 2014 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.