Última semana de parón do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Hoxe martes e con dobre sesión de adestramentos o Azkar Lugo regresou ao traballo. Tras conseguir o domingo o pase ás semifinais da Copa Xunta e de descansar no día de onte, hoxe os lucenses regresaron ás sesións preparatorias na que é a última semana de parón ligueiro debido á disputa do Europeo de fútbol sala en Bélgica.

No regreso aos adestramentos, Diego Núñez segue sendo baixa, do mesmo xeito que Jandri que onte foi operado e de Mendiola que cun golpe nun dedo non se pode exercitar.

Ademais mañá mércores (20:30 horas – Pavillón Municipal de A Fonsagrada) os lucenes disputarán un partido amistoso que servirá como preparación. Neste caso o rival será o Ribeira A Fonsagrada, equipo da 3ª división.

Horarios de adestramentos:

Luns 3:
Descanso.

Martes 4:
10:30 horas: sesión específica de porteiros e física (Palacio Municipal).
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Mércores 5:
20:30 horas: partido amistoso: Ribeira A Fonsagrada – Azkar Lugo FS (Pavillón Municipal A Fonsagrada).

Xoves 6:
10:30 horas: sesión física (Centro Deportivo Terra).
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Venres 7:
10:30 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Sábado 8:
Descanso.

Domingo 9:
Descanso.

4 de febreiro de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.