publicidade hoxe

Touro homenaxea á súa veciña centenaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Homenaxe á veciña centenaria

Homenaxe á veciña centenaria

O Concello de Touro, co seu alcalde Ignacio Codesido á fronte, homenaxeou este domingo a Manuel Otero Casais, a súa única veciña centenaria. Manuela Otero Casais, naceu o 14 de xaneiro de 1912 en Prevediños, Concello de Touro. O pasado día de San Valentín, tamén conmemoración do día dos namorados, a veciña de Xesteira, na parroquia de Bama, pasou a pertencer ao club dos centenarios de Galicia. A súa filla e xenro, e o seu seis netos e seis biznietos ofrecéronlle unha homenaxe onte domingo. Todos os seus familiares, un corenta acodes, reuníronse a comer e a celebralo na casa familiar de Xesteira. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, achegouse até alí xa nas sobremesas e entregoulle un ramo de flores en nome de todos os veciños e veciñas do Concello de Touro. Ignacio Codesido desexoulle saúde e que siga, ano a ano, celebrando novos aniversarios agora que pasou ao privilexiado grupo dos centenarios.

Manuela Otero Casais está “coma un buxo”, segundo as súas propias palabras. A centenaria fixo así referencia a ese arbusto de crecemento lento que pode vivir decenas e decenas de anos e que ten unha madeira dura e flexible. “Estou moi contenta”, tamén asegurou ao ver reunida a toda a súa familia á súa ao redor e tras recibir o recoñecemento dos veciños de Touro a través o alcalde e do tenente alcalde, Eugenio Montero. “Será un gusto seguir cumprindo anos”, dixo a centenaria, quen a partir dos 100 pretende ir “pouco a pouco” e ano a ano celebrando novos aniversarios. A pesar dos 100 anos recentemente cumpridos, Manuela Otero Casais, tal e como ela reconcoce, está “coma un buxo”. E disposta a seguir cumprindo anos.

17 de febreiro de 2014 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.