Tomiño honra a memoria de Rosalía de Castro repartindo camelias no 177 aniversario do seu nacemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño conmemorou esta mañá o 177 aniversario do nacemento da escritora e poeta galega Rosalía de Castro, repartindo camelias (as mesmas flores que adornan o xardín da casa-museo da escritora en Padrón)e pins na praza do Concello.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou que “é fundamental lembrar a Rosalía de Castro non so coma escritora e poeta, senón tamén coma defensora dos dereitos políticos de Galicia e da lingua galega” polo que considera imprescindible difundir a súa obra e o compromiso coa súa terra.

Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabalde de Santiago de Compostela.

Pasou os seus primeiros anos ao coidado dunhas tías paternas e posteriormente trasladouse a Padrón para vivir coa súa nai. A súa ama de cría ensinoulle a o galego e fíxolle coñecer a poesía popular nesa lingua.

Viaxou a Madrid  en 1856, onde coñeceu a Manuel Murguía, co que contraeu matrimonio e quen a pon en contacto con Bécquer e o seu círculo. En 1857 publica o seu primeiro libro poético, A Flor, ao que lle seguen Cantares galegos, de 1863, e Follas Novas, de 1880, ambos os dous escritos en galego.

Con Cantares galegos situouse como precursora, xunto a Curros Enríquez e Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia. A crítica subliña o seu feminismo pioneiro. Ademais foi autora das novelas A filla do mar (1859), de carácter folletinesco; Flavio (1861) e a costumista Ruínas (1866). Tamén publicou as tituladas O cabaleiro das botas azuis, en 1867, e O primeiro tolo, en 1881.

24 de febreiro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.