Tomiño festexa o Entroido con Adeto
A Asociación de Empresarios de Tomiño (ADETO) inicia en conxunto coa federacion de comercio de Pontevedra, a campaña de entroido, sorteando dúas cestas de productos típicos destas datas, polas compras feitas nos establecementos hosteleiros e ferreteiros asociados do Concello de Tomiño.
Cada cesta contén productos típicos do entroido: un lacón, chourizos, grelos, ourella e dúas botellas polo que este vai a ser un entroido con Sabor.
Para poder participar os clientes, deberán cubrir os cupóns de participación que se lles entregarán nos establecimentos asociados e os depositarán nas urnas de ADETO que se atopan en cada establecemento asociado do sector da hostelería e ferretería. O sorteo e entrega das cestas terá lugar o próximo 14 de marzo no propio local de ADETO.
Todas estas iniciativas son a favor de incentivar a hostelería e o sector ferreteiro de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño











