publicidade hoxe

Todo a punto para a gran festa do Entroido 2014 en Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

A programación do entroido 2014  de Miño comeza o sábado na carpa situada na pista polideportiva de Rabazal coa celebración do cocido de Entroido, ao que segue o gran baile de Entroido co GRUPO ALBORADA; polo medio da noite terá lugar o sorteo en directo dos vales de compra repartidos este mes de febreiro entre os clientes dos comercios que pertencen a Asociación de Empresarios de Miño: 1 vale de 800 euros; 1 vale de 600 euros, 1 vale de 200 € ,  1 vale de compra de 100 € e o sorteo dunha estancia de fin de semana no Hotel Carlos I de Sanxenxo. Despois terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais e de grupos.

O domingo, 2 de marzo, o Entroido prestará especial atención aos mais pequenos do municipio coa Gran festa infantil de Entroido (17.30a 19:30 horas) tamén na pista polideportiva de Rabazal, baixo unha enorme carpa na que haberá festa e animación infantil.

Dende o Concello destacase a importancia dos programas postos en marcha pola asociación de empresarios de Miño, como “Gaña mercando en Miño”, na reactivación da economía local, asi como a gran labor que desenvolven asociacións veciñais das distintas parroquias do municipio durante as festas do Entroido, un traballo que é continuado ao longo de todo o ano. Para o Concello de Miño é un motivo de orgullo contar con entidades tan implicadas coa promoción da cultura e co mantemento das tradicións.

27 de febreiro de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.