Titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada en Verín
O departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, enmarcado nas actividades da Escola de Familia, pon en marcha o servizo de acompañamento sociolaboral personalizado, que aborda tanto o traballo coas persoas de xeito integral como no seu ámbito de referencia, nos que a persoa e a colaboración coa comunidade sexan os eixos de actuación.
Entre as actuacións que se levarán a cabo desde o mesmo atópanse información, orientación e aumento da motivación persoal, formación socio-persoal e formación profesional non regulada e busca de emprego (por conta allea e propia). Devanditas actuacións teñen por obxecto mellorar o posicionamento persoal (conseguir un nivel de motivación óptimo para participar activamente no desenvolvemento do seu itinerario persoal, posibilitar un bo nivel de confianza nas súas propias posibilidades, conseguir un nivel de compromiso para involucrarse no proceso axeitademente) promover cambios para mellorar o ámbito inmediato da persoa (axudarlles a mellorar as súas habilidades para a interrelación persoal, posibilitar escenarios que permitan diversificar o seu rango de relacións sociais, axudar a solucionar, na medida do posible, aspectos da súa situación persoal que poidan interferir no proceso) e actuar sobre as capacidades da persoa (posibilitar a adquisición de instrumentos básicos de cultura xeral que lles axuden a mellorar o seu desenvolvemento persoal, mellorar as súas habilidades técnicas para adaptalas aos requirimentos do mercado laboral, posibilitar un aumento no seu nivel de experiencia laboral como elemento fundamental para asegurar un mellor acceso e posterior mantemento no mercado de traballo).
Para demandar este servizo é necesario dirixirse ao departamento de Educación Familiar (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776 ou no correo electrónico: educadorafamiliar@verin.net).
Por outra banda, este mesmo departamento municipal promove para o vindeiro 17 de febreiro, de 18 a 21 horas, a actividade ‘Xornada de Coaching Empresarial’, a cargo de Marta Salazar Portero (directora da Escola Europea de Líderes, coach profesinal certificado e certificación internacional en coaching). Será na Casa da Cultura de Verín, e durante a mesma os/as participantes coñecerán de primeira man, a través dunha metodoloxía participativa e dinámica, as posibilidades do coaching empresarial como ferramenta o servizo do desenvolvemento dos profesionais e organizacións. Para participar nesta xornada é necesario formalizar a inscrición en http://www.uned.es/ca-ourense/ (prazas limitadas) ou no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776).











