Terra Galega remata o proceso de participación cidadá iniciado no mes de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A asemblea que celebra TERRA GALEGA hoxe no Centro Cívico de Santa Icía, ás 20.00h, pon fin á primeira fase de achegamento á veciñanza naronesa, iniciada por este partido hai tres meses.

Neste tempo, leváronse a cabo un total de catorce reunións nas distintas parroquias do concello.  Este proceso cumpriu satisfactoriamente os obxectivos marcados de implicar á cidadanía, recoller as súas suxestións e ideas e fortalecer o proxecto político de TEGA no municipio ampliando a base social que foi a que deu sempre as victorias nas eleccións a Terra Galega.

A organización levará a cabo máis iniciativas nos próximos meses na liña de aumentar a participación e implicación da cidadanía e, sobre todo, da mocidade, para continuar convertendo Narón na cidade que os seus veciños queren que sexa.

20 de febreiro de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.