Terra Galega mostra a súa satisfacción de que despois de tres anos a estrada do Feal sexa unha “prioridade”
Vista a noticia aparecida no día de onte nos medios de comunicación que recollían a reunión mantida entre o Partido Popular e a A.VV de Piñeiros na que sacaban en conclusión que a Estrada do Feal é unha obra prioritaria, TERRA GALEGA quere puntualizar que xa en xuño de 2011, recen iniciada a lexislatura, o Alcalde de Narón preocupóuse polo estado de tramitación e as inversións previstas para as infraestruturas viarias que a Deputación ten noso concello.
A resposta a este interés fíxose esperar tanto, que incluso o Alcalde tivo que recurrir, un ano despois, ao Valedor do Pobo para obter unha resposta. A este respecto a Diputación contestou que sobre a Estrada do Feal non existe proxecto de ampliación.(acompañamos a resposta)
Na reunión mantida entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Narón, éste solicitáballe que, como mínimo, se encargara o proxecto de ampliación da estrada, debido a peligrosidade deste vial para a circulación dos peóns dada a proximidade ao Polígono das Lagoas.
Dende TERRA GALEGA alegrámonos de que tres anos despois do inicio da lexislatura o concelleiro do PP de Narón e Deputado Provincial se decida a impulsar dito proxecto. Tamén lle recordamos que outras demandas pendentes de actuación son as beirarrúas da Estrada Miguel de Cervantes. Ambas obras redundarán na mellora da seguridade vial, e polo tanto, da calidade de vida dos veciños de Narón.











