Telefónica trae a Vigo a Copa do Mundo de Sudáfrica conquistada pola Selección Española
Telefónica trae a Vigo o tres trofeos máis prestixiosos conquistados pola Selección Española de Fútbol, a Copa do Mundo de Sudáfrica (2010) e as Eurocopas alcanzadas en Viena (2008) e Kiev (2012), grazas ao acordo alcanzado coa Real Federación Española de Fútbol –RFEF-, a través da Federación Galega.
Os trofeos, que contribuíron a fomentar a lenda da Vermella, poderán contemplarse mañá mércores na tenda Movistar situada na avd. Gran Vía nº 15 de 10:00 h. a 21:00h., como parte dunha xira que se desenvolveu desde o pasado día 21 por tendas Movistar das principais cidades galegas, e que visitou xa Ourense, Lugo, A Coruña e Santiago, e que ten a Vigo como último destino.
Os afeccionados galegos terán así unha oportunidade única de fotografarse e observar de preto tres do catro históricas copas gañadas pola selección española -España foi proclamada tamén campioa de Europa durante a segunda edición do campionato, disputada en 1964 e na que xogou como país anfitrión, derrotando á Unión Soviética por 2-1 na final celebrada no Santiago Bernabeu, aínda que por aquel entón aínda non se outorgaban copas-.
A copa dos campións
A Copa do Mundo de Fútbol está realizada con ouro de 18 quilates e entrégase aos gañadores do Mundial de Fútbol desde 1974. Deseñada polo escultor italiano Silvio Gazzaniga e elaborada pola firma Bertoni Milano, a actual Copa do Mundo pesa 8,175 quilos, mide 36,8 cm e representa a dúas figuras humanas sostendo o planeta terra. O trofeo ten a inscrición visible “FIFA World Cup” na súa base e os nomes dos países que gañaron cada torneo gravados na parte inferior.
Patrocinador oficial da Federación Galega de Fútbol
Movistar reforzou recentemente a súa aposta polo deporte basee galego, tras rubricar un acordo coa Federación Galega de Fútbol para patrocinar as competicións galegas das categorías Alevín, Benjamín, Prebenjamín e Biberóns, as denominadas Ligas Movistar, ademais das seleccións galegas de afeccionados, a sub-18 e sub-16 masculina, e as seleccións de fútbol praia masculinas e femininas.
Ademais, e como froito deste acordo, Movistar entregará tamén a todos os clubs de fútbol de Galicia balóns patrocinados, e celebrará unha fase final galega de alevíns, benjamines e prebenjamines, na que os campións de alevíns serán premiados cunha viaxe á sede da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas-Madrid, onde visitarán o seu museo e disputarase un partido amigable cun equipo madrileño.
Tamén organizará unha clase maxistral de fútbol, cun adestrador de renome, para ao redor de 40 nenos.











