Técnicos do Concello de Narón e da Deputación coordinan o proxecto de mellora da Estrada do Trece
O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, acompañado de técnicos da empresa mixta de augas COSMA, acudíu antonte á Deputación de A Coruña para manter unha xuntanza de coordinación cos responsables técnicos da administración provincial.
O obxectivo desta xuntanza foi a coordinación entre ambas administracións para realizar un proxecto único das obras da parroquia de Sedes. Como se recordará, está previsto que a Deputación de A Coruña realice obras de mellora na estrada CP 5404 (Estrada do Trece) e dende o Concello, o Alcalde solicitou ó presidente da Deputación de A Coruña que se aproveiten os traballos para realizar á súa vez a obra de saneamento desta parroquia.
A Deputación de A Coruña redactará o proxecto de mellora da CP 5404 e o enviará ós técnicos de COSMA para que poidan adaptar os traballos de saneamento ó ritmo desta obra, para o cal se enviará unha proposta municipal baseada no proxecto de saneamento que xa ten elaborado o Concello. A Deputación recibirá posteriormente esta proposta municipal e a estudiará por se existe algún matiz ou algunha consideración que haxa que modificar.
O Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, valorou positivamente esta coordinación entre as administracións local e provincial, sinalando ó respecto que “o feito de ter un único proxecto redundará na mellora da obra e no abaratamento do seu coste”.











