Suspéndese o concerto de Canere Son previsto para mañá en Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O concerto de Canere Son, previsto para mañá venres, foi cancelado por motivos alleos á organización, a asociación Os Aventados. No seu lugar, o 15 de febreiro ás 20 horas, na Casa da Cultura ofrecerase o concerto de “Viva el Acordeón”, grupo músico-vocal dirixido polo director da Escola de Música de Foz, Arcadio Mon.

Ademais, saiban que mañá ábrese o prazo para entregar as declaracións de amor do concurso “Un Facebook de amor”. Ata o 28 de febreiro.

Lembrar tamén que este sábado terá lugar a Xornada de Skate. O Concello ampliou o prazo de inscrición ata o mesmo día, polo que os mozos e mozas pódense anotar no lugar da actividade. Inclúe curso con circuítos de skate, taller de chapas e gorras, charla de seguridade e encontro de música. De 17 a 20 horas na praza dos Campos e de 20 a 21 horas na Casa do Mar. Para a mocidade, a partir de 12 anos.

13 de febreiro de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.