Suspéndese en Narón o ‘Tapeo do entroido en bici’ a causa das previsións metereolóxicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Concello de Narón ven de suspender o ‘Tapeo do entroido en bici’ programado  para o domingo 2 de marzo, a causa das previsións metereolóxicas que predicen chuvia para o fin de semana.

Esta actividade estaba previsto que se desenvolvese o domingo de 11 a 14 horas, con saída e chegada na rúa Cataluña (no entorno de Odeón). Os ciclistas tiñan que acudir á cita disfrazados, para participar nunha ruta ciclista polos locais de hostelería que participan no concurso de tapas do Entroido. A relación de establecementos adheridos a este programa, denominado Entroido Gastronómico, pode consultarse  na web do Concello (www.naron.es – banner Narón Gastronómico).

Sí se mantén o Festival de Comparsas, que terá lugar mañá sábado día 1 de marzo, no Pazo da Cultura de Narón, a partires das 18:00 horas. A relación de comparsas participantes é a seguinte:

-Os Argalleiros (A Gándara)

-Tróupele Tróupele (A Gándara)

-Os Parrandolos (Piñeiros)

-Os Nenos de Lola (Virxe do Mar)

-Os Colludos (Asociación Sociocultural de Minusválidos)

-A Canteira (Neda)

-A Revolta (Ferrol)

-Os Xunquiños (Fene)

-Río Belelle (Neda)

28 de febreiro de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.