Suspéndese a función de “Bola Mágica” en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Cangas informa que lamentablemente e por causas alleas a esta institución municipal, o espectáculo para público familiar: “BOLA MÁGICA”, programado para o vindeiro domingo 9 de febreiro no Auditorio Municipal de Cangas suspéndese por infermidade do protagonista principal, sendo inviable a súa sustitución por outro actor.

A Compañía BOLA MÁGICA e o Concello de Cangas piden disculpas polas molestias causadas, e comprométense a buscar unha data posterior para poder cumplir o seu compromiso co público do Morrazo.

As persoas que xa mercaron as súas entradas devolveráselles o importe presentando as entradas no lugar donde efectuaron a compra.

7 de febreiro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.