Soutomaior convoca un novo curso preparatorio para a obtención da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Concello de Soutomaior pon a disposición dos seus veciños diversos novos cursos formativos de través da súa Oficina de Información Xuvenil (OMIX). O máis recente é un ciclo preparatorio para a obtención da ESO de catro meses de duración. Así mesmo, o Concello informa da existencia das últimas prazas dispoñibles para os ciclos formativos, de Alfabetización Informática e Creación de páxinas web con xestor de contidos, que darán comezo a próxima semana.

No curso preparatorio para a obtención do título oficial da ESO está destinado a maiores de 18 anos que non dispoñan desta certificación do sistema educativo. Nel traballaranse os contidos que se integran no programa de educación de persoas adultas e servirá de apoio para a preparación das probas libres para a obtención de devandito título. As clases impartiranse de luns a xoves, en horario de 18:30 a 20:30, desde este mes até o próximo mes de maio. A cota de inscrición é de 30€ para aqueles interesados que estean empadroados no concello de Soutomaior e de 60€ para o non empadroados. A primeira metade da cota abonarase no momento da inscrición e a seguinte durante o mes de abril. O ciclo terá lugar no Multiusos de Arcade.

No mesmo lugar impartiranse a partir da semana que vén os cursos de Alfabetización Informática e Creación de páxinas web, para os que aínda existen prazas dispoñibles. O primeiro ten como obxectivo proporcionar os coñecementos básicos sobre os elementos principais dun computador así como describir o proceso para realizar unha conexión a internet e aprender a navegar pola rede mediante a introdución de conceptos informáticos básicos como os buscadores ou o correo electrónico. Orientado a maiores de 16 anos, o ciclo impartirase os luns e martes en horario de 10:00 a 12:00 da mañá e ten un custo de 10€ para os inscritos no padrón municipal e de 20€ para os que non o estean.

Para usuarios máis avanzados deseñouse o curso de Creación de Páxinas web con xestor de contidos. Durante un total de 25 horas, este ciclo explicará o funcionamento da publicación de información, a comunicación e a colaboración no mundo dixital, como presentar e difundir información multimedia e o proceso de instalación de módulos e conectores externos. Dirixido a alumnos maiores de 16 anos, o ciclo impartirase os todos os venres en horario de 10:00 a 13:00 desde mañá mesmo até o 28 de marzo no edificio Multiusos de Arcade. A inscrición ten un custo de 15€ para os alumnos empadroados e de 30€ para o resto de interesados.

Todos os alumnos interesados en matricularse nalgún destes cursos poden facelo directamente online a través da web municipal en www.soutomaior.com/xuventude, chamando ao teléfono 986 700 822 ou nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos de Arcade todas as tardes de 15:30 a 20:30 salvo os mércores de 09:00 a 14:00.

Con esta oferta formativa o Concello de Soutomaior pretende facilitar aos seus veciños e veciñas a oportunidade de actualizar o seu perfil profesional, potenciar o seu acceso á educación e o emprego ademais de aumentar a súa formación básica.

10 de febreiro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.