“Son de seu” presentará no Auditorio de Ourense o seu novo disco “Voces brancas”
O Auditorio Municipal acollerá este venres, 21 de febreiro, a actuación do grupo Son de Seu. Será o concerto de presentación do seu novo disco Voces Brancas, o cuarto traballo deste grupo galego de referencia. Será a partir das 21 h, e as entradas pódense adquirir a través da web de Novagaliciabanco por 7 euros anticipada ou 10 na billeteira antes da actuación.
A maiores o venres conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, que promove a Unesco, e que na nosa cidade festéxase coa programación de dous pases do espectáculo infantil – familiar Ñam (un ás 17 h e outro ás 18.30 h), da compañía Caramuxo Teatro. A eles poderán asistir de balde familias novas con bebés e nenos de ata 4 anos o vindeiro venres día 21. As entradas, limitadas a 100 participantes por función, poderanse retirar no propio Auditorio polas mañá, ata esgotar as 200 prazas.
O mesmo venres venres 21 a Banda Municipal ofrece o seu habitual concerto no Liceo ás 21 h
O domingo temos unha nova cita coa programación infantil coa función de Afuera es un lugar, da compañía Arena en los bolsillos. Destinado a idades comprendidas entre 1 e 4 anos, haberá 3 pases ás 12h, ás 17 h e ás 18.30 h. O Prezo don 3 €.
Exposicións
Ata o 6 de marzo permanecerá na Alameda do Concello a exposición sobre o Neolítico. De nómades a sedentarios busca achegarnos a formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. Abarca un período de entre 13.000 e 5.000 anos, desde os últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas. Está promovida pola Obra Social La Caixa. O Museo Municipal acolle a exposición Natural do artista Jorge Adrados.











