Sesións en exclusiva e sabor a mar na segunda xornada do Fórum Gastronómico da Coruña
A feira e os espazos de actividades do Fórum Coruña enchéronse de novo ao longo de toda a xornada. Entre os relatorios deste luns cómpre salientar a presentación en exclusiva de Oriol Castro e Mateu Casañas de elBulliFoudation que presentaron o mapa culinario da Bullipedia-Lab. Na súa intervención, os colaboradores de Ferran Adrià, deron detalles da grande enciclopedia gastronómica virtual que aspira a lograr un consenso sobre a clasificación de produtos, técnicas e máis receitas. O mapa culinario, que se entregou aos asistentes, é a ferramenta básica coa que o equipo de elBulli traballará a partires de agora.
Os sabores do norte dos asturianos Nacho Manzano (Casa Marcial) e Marcos Morán (Casa Gerardo) tamén deixaron pegada nun Fórum Gastronómico que está a prestar unha atención especial aos produtos do mar. Nesta segunda xornada de Fórum, os Talleres e a Aula Activa contaron, entre outros, con Andrés Médici (O’Sushi); Álvaro Garrido (Mina); Pedro Martino (Naguar); Rodrigo de la Calle (Villa Magna e de la Calle); e Eva Pizarro e Iago Castrillón (Acio). Ademais, o Fórum Doce contou con dúas sesións, unha a cargo do mexicano especialista en chocolate José Ramón Castillo (Que bo!) e outra con Ariel Mendizábal (Doriel). O Chef del Mar, Ángel León (Aponiente), será o protagonista da última sesión no Auditorio.
Non que atangue aos concursos, este luns celebrouse o I Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa, organizada por Estrella Galicia onde se impuxo Mario Basoa quedando en segundo lugar Sebastian Greenhalgh. Hoxe tamén se celeboru a Gran Final Ouro Doce en Fusión 2014, concurso promovido pola I.X.P. Mel de Galicia.
Mañá martes chega a última xornada do Fórum Gastronómico da Coruña, cuxo broche final irá a cargo do gran mestre Juan Mari Arzak. Tamén serán protagonistas Jordi Roca, Ricard Camarena, Josean Alija e Ricardo Sanz, no Auditorio mentres que David Gil e Francisco Agudo (Tíckets), Jorge Muñoz (Pakta), ambos os dous membros do equipo de Albert Adrià, Marco Leone, Xoan Cannas, Juan Muñoz, Javier Olleros ou Iván Domínguez e Manuel Costiña actuarán en distintos obradoiros. Outros atractivos serán a entrega dos Premios Picadillo, que subliñan a traxectoria profesional dos seus galardoados, e dos Premios Ouro Doce en Fusión organizados por Mel de Galicia.











