Sesión práctica no Club de Empresas Obradoiro: ‘Empresa & Deporte: Render en tempos de crises’, co psicólogo deportivo Juancho Armental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O próximo 25 de marzo terá lugar, no Club Financeiro de Santiago, unha nova actividade do Club de Empresas Obradoiro, na que todos os patrocinadores e colaboradores do Rio Natura Monbus poderán asistir a unha sesión práctica impartida polo prestixioso psicólogo deportivo Juancho Armental, xerente de Arestora Consultores, que entrelazará os mundos da empresa e o deporte, con algunhas claves para “render en tempos de crises”.

Tras esta interesante e nova intervención, terá lugar un debate, coa participación dalgúns dos principais empresarios da zona e membros de staff técnico do conxunto obradoirista, e a velada concluirá cunha magnífica cata de cervexas xentileza de Fillos de Rivera SA, por parte do Mestre Cervexeiro Fernando Igrexas.

Ademais do Grupo Arestora e Estrela de Galicia, colaboran no evento –que sucede ao Basket & Cheese de Queixería Barral e ao Torneo Prol-Am de Segundo Rei- Air Hostess Santiago, Vinigal, Club Financeiro de Santiago, Xoiaría Jael e CEGA.

19 de febreiro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.