Senderismo Consciente polo entorno natural de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

A vindeira fin de semana levaranse a cabo en Ponteareas 2 xornadas de “Senderismo Consciente”, unha combinación de natureza, andaina e ioga. Segundo os propios organizadores indican, esta actividade, a cal se fai en absoluto silencio, integra unha parte meditativa e deportiva con outra lúdica e de pracer, realizadas nun entorno natural. O lugar escollido para camiñar é A Picaraña e arredores.

Ante a gran demanda de inscritos no primeiro día planeado, o domingo, organizouse outra cita para o sábado 22, ambas ás 10 da mañá.A actividade ten un prezo de 2€, que se aboarán ao monitor o mesmo día (sábado 22 ou domingo 23) no punto de encontro, a porta do Concello. Para inscribirse é necesario pórse en contacto coa concellería de deportes de Ponteareas, indicando nome completo, nº de teléfono, dirección de e-mail e lugar de procedencia.

18 de febreiro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.