Se Parte de Nós: cea de equipo e afección o martes 4 en San Francisco Hotel Monumento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus e San Francisco Hotel Monumento, membro do Club de Empresas Obradoiro, prepararon unha gran festa para celebrar o Entroido. Todos aqueles que acudan á cea disfrazados obterán unha invitación para o partido ante o Fuenlabrada e un poster do equipo.

Somos Parte de Ti, se Parte de Nós. E un bo paso é coñecernos mellor. Para iso, o vindeiro martes 4 de marzo, a partir das 21 horas, terá lugar a Laconada Obradoirista en San Francisco Hotel Monumento, onde todos os asistentes poderán compartir mesa e mantel co persoal do Rio Natura Monbus. O evento ten  un prezo especial para abonados e accionistas de 19 euros (cea + baile con discoteca móbil `A Gramola´), 24 euros o resto de afeccionados e 16€ para os nenos menores de 12 anos. As entradas están á venda na recepción de San Francisco Hotel Monumento, desde o martes 18 até o venres 28 de febreiro, aínda que as inscricións pecharanse unha vez esgotouse o aforamento dispoñible.  Para calquera consulta poden chamar ao 981581634 ou enviar un mail a hotel@sanfranciscohm.com

A cea está aberta a todos os abonados, accionistas e simpatizantes do club, que os que acudan disfrazados –para eles, haberá unha invitación para o partido Río Natura Monbus – Fuenlabrada. Será sen dúbida,  un acontecemento que espera unir aínda máis aos afeccionados e ás penas para seguir animando ao Rio Natura Monbus no que resta de tempada. O escenario, o antigo refectorio do convento que ofrece o San Francisco Hotel Monumento. Será unha cea espectacular para unha noite máxica e de moito colorido, como é o ENTROIDO.

Terminada a cea porase en marcha unha zona de baile, na antiga Adega, con servizo de bar e discoteca móbil con Dj `A Gramola´. Celebraranse varios sorteos entre todos os asistentes.

18 de febreiro de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.