Santiago acolle a exposición conmemorativa do centenario das escolas oficiais de idiomas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Mostra na EOI de Santiago

Mostra na EOI de Santiago

Con motivo do centenario da existencia das escolas oficiais de idiomas, a EOI de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación de Profesorado de EOI de Galicia (APEOIGA), programaron a chegada a Galicia da exposición conmemorativa, que leva percorrendo a xeografía española dende o ano 2011. A mostra ficará en Compostela ata o 6 de marzo, antes de continuar o seu periplo por outras vilas e cidades galegas. A exposición divídese en dúas partes. A primeira, que se exhibe na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, leva por título Cen anos a che dar a palabra e fai unha viaxe pola historia das EOI, dende a creación da Escuela Central de Idiomas de Madrid, no ano 1911, ata a actualidade. Nela faise un percorrido gráfico e histórico
polos 100 anos destas institucións educativas e os seus protagonistas principais, alumnado e profesorado, e expóñense documentos administrativos e bibliográficos que fan parte do seu devir.

A segunda parte, denominada O noso son as linguas, que conta tamén cunha parte interactiva e audiovisual, exponse no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche e presenta un percorrido por todas as linguas que se ensinan e aprenden nas escolas oficiais de idiomas do Estado, con paneis explicativos individualizados por cada unha delas.

14 de febreiro de 2014 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.